Mércores, 23 Xaneiro de 2019

Actuación da banda "Por mí, Swing"

/ Luns, 31/12/2018 - 12:43
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O día 4 de xaneiro haberá unha actuación da banda "Por mí, Swing" especializada na música swing dos anos 30, 40 e 50.

A formación está composta por dúas voces femininas e unha masculina, contrabaixo, saxo, piano, batería e guitarra, oito intérpretes experimentados noutras bandas e estilos que apostaron por estes ritmos e que sempre son quen de levar ao público dos seus asentos.

A actuación terá lugar ás 22.30 h no Casino Mugardés. A entrada será de balde.

A continuación preséntase o cartel da actuación:

1297