Sábado, 23 Marzo de 2019

Sesión de fogos artificiais para o 31 de decembro

/ Luns, 31/12/2018 - 12:04
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos informa de que o espectáculo de fogos artificiais programado para Fin de Ano terá lugar ás oito da noite.

O 31 de decembro, nas horas nas que os mugardeses e mugardesas adoitan brindar nos establecementos hostaleiros do porto, haberá unha sesión pirotécnica. Os fogos artificiais lanzaranse desde o peirao vello ás 20.00 horas.

O Centro de Interpretación de Caldoval abre do día 2 ao 5 de xaneiro, de 10.30 a 14.00 horas, e de 16.30 a 20.00 horas, con visitas guiadas ás 11.00, 13.00, 18.00 e 19.00 horas e obradoiros didácticos ás 12.00 e ás 17.00 horas. Os días 2 e 4 de xaneiro desenvolverá o taller de cerámica "Modelando o barro como na antiga Roma". A inscrición é gratuíta chamando ao 687 072 116 ou enviando un mail a info@museocaldoval.gal

Por outra banda, desde o Concello recordan que quedan prazas vacantes no curso de iniciación ao hóckey a patíns que vai desenvolverse no pavillón municipal do Cristo os vindeiros días 2, 3 e 4 de xaneiro. Vai dirixido a maiores de 4 anos e as inscricións poden facerse no departamento de Deportes do Concello. As clases serán de 11.00 a 13.00 horas e coa matrícula, que custa 5 euros, facilitaranse os patíns - hai dispoñibles dos números 29 ao 39-.