Xoves, 20 Xuño de 2019

O programa "Mugardos Camiña" ten programada para este domingo unha saída por terras de Cabanas e Redes

/ Mércores, 09/01/2019 - 15:41
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
O programa Mugardos Camiña inaugura o calendario de saídas sendeiristas de 2019 este domingo, cunha ruta por terras de Cabanas e Redes.
A concelleira de Cultura, Lola González, recordou que este é un programa que organiza o Concello conxuntamente coa Asociación de Veciños de Montefaro e que goza dunha gran popularidade, xa que promove o exercicio físico e o coñecemento da paisaxe e o patrimonio da contorna.
 
Cada saída adoita contar con entre trinta e sesenta persoas participantes e ao longo das sucesivas edicións do programa son xa máis de douscentos os camiñantes, tanto de Mugardos como doutros municipios, que acudiron a algunha saída.
 
A participación é gratuíta, aínda que as persoas interesadas teñen que inscribirse na OMIX, de 09.00 a 14.00 horas, ou ben chamar por teléfono -981 470 338, extensión 1- ou enviar un correo electrónico a deportes@concellodemugardos.gal.
 
Habitualmente as persoas participantes quedan ás 10.00 horas no mesmo Concello e adoitan regresar cara as 13.30 horas.