Martes, 21 Maio de 2019

Apertura do prazo de solicitude para as exencións municipais nas taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR para o ano 2019

/ Luns, 14/01/2019 - 09:48
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Está aberto o prazo para a presentación das solicitudes para a exención nas taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR 2019, segundo a convocatoria publicada no BOP núm. 9 do 14/01/2019.

O prazo estará aberto ata o venres 15 de febreiro de 2019.
 
O requisito para a exención é estar empadroado/a no Concello de Mugardos e non ter ingresos superiores ao 125% do IPREM (672,30 €), por todos os conceptos e calquera que sexa o número de persoas que compoñan a unidade familiar. Poderase pedir máis información no departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Mugardos.
 
Consulta a convocatoria no BOP e descarga a instancia de exención/bonificación de taxas nos seguintes arquivos adxuntos: