Luns, 22 Abril de 2019

XII Certame de Poesía "Concello de Mugardos" 2019

/ Mércores, 23/01/2019 - 11:52
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Conmemorando o 21 de Marzo como o Día da Poesía.

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a décimo segunda edición do Certame de Poesía “Concello de Mugardos”, con motivo do Día da Poesía, o 21 de marzo. 
 
Establécense tres categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
  • Ata 12 anos.
  • De 13 a 17 anos.
  • Iguais ou maiores de 18 anos.

O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro. Presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Mugardos ou enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo: XII CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS, Concellaría de Cultura do Concello de Mugardos, avda. de Galicia, núm. 45. (15620) Mugardos (A Coruña).

Pódese descargar a publicación das poesías gañadoras dos certames ata 2018 e as bases do concurso nos seguintes arquivos engadidos: