Sábado, 20 Xullo de 2019

As "Towanda rebels" falaron de feminismo no IES Mugardos

/ Mércores, 30/01/2019 - 10:01
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello promoveu a sesión no marco dos actos do 8 de marzo.

Alumnos e alumnas do IES Mugardos asistiron ontes no centro a unha sesión promovida polo Concello de Mugardos no marco dos actos do 8 de marzo. Foi unha charla protagonizada pola xornalista Teresa Lozano e a humanista Zua Méndez, o tándem que conforma as “Towanda rebels”, todo un fenómeno en redes sociais. Son tamén as autoras do libro “Hola guerrera”, un volume composto por “alegados feministas para unha revolución”.
 
Segundo comentou a concelleira de Cultura, Lola González, no acto falouse de feminismo, das violencias contra as mulleres, da importancia de saír á rúa o vindeiro 8 de marzo, das desigualdades no eido educativo, da brecha salarial ou a xenerificación das profesións.
 
1318