Sábado, 16 Febreiro de 2019

Excursión de maiores ao Museo Etnográfico da Capela

/ Luns, 04/02/2019 - 13:31
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
Visita cultural, o sábado día 9,  para as persoas maiores de 55 anos do concello.
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Mugardos organiza para o vindeiro sábado, día 9, unha visita cultural ao Museo Etcnográfico da Capela para as persoas maiores de 55 anos do municipio.
 
A edil responsable da área, Lola González, explicou que é unha actividade enmarcada na escola de envellecemento activo e que xa hai máis de trinta persoas apuntadas, porén informou de que aínda está aberto o prazo para que máis veciños e veciñas se sumen á excursión.
 
A saída desde Mugardos está prevista para as once da mañá e no percorrido inclúese, xunto coa visita guiada ao Museo Etnográfico da Capela, unha comida nun restaurante daquela zona. O prezo do xantar é de 12 euros.
 
Foto do evento:
 
1322