Sábado, 20 Xullo de 2019

I Concurso escolar literario "8 de marzo: Figuras Ocultas"

/ Mércores, 06/02/2019 - 15:22
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Mugardos.

Poderá participar o alumnado dos centros educativos do concello de Mugardos matriculado nos cursos seguintes:
  • Categoría 1: 5º e 6º EPO
  • Categoría 2: 1º e 2º ESO
  • Categoría 3: 3º e 4º ESO
 
Temática: O tema dos traballos versará sobre a visibilización de calquera historia de vida, de traballo, de coidados, de loita, de mulleres de Mugardos ou relacionadas dalgún xeito co pobo, sobre as mulleres, que para os e as participantes no concurso supoñen figuras ocultas da sociedade mugardesa.
 
 
As historias deberán reflectir a loita ou logro de calquera muller mugardesa ou directamente relacionada co pobo, contemporánea ou non, con respecto a calquera tema: vivencias, relación familiares, os coidados, o ámbito laboral, a violencia de xénero, a corresponsabilidade, a contribución á sociedade mugardesa.
 
O prazo de presentación das obras será ata o 27/02/2019.
 
Presentaránse no Rexistro de entrada do Concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios establecidos no Artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O enderezo de envío por correo postal é Concurso escolar literario: 8 de marzo. Figuras ocultas, Concellaría de Igualdade do Concello de Mugardos, Avda. de Galicia, 45,15620 Mugardos (A Coruña).
Arquivo engadido: