Luns, 27 Maio de 2019

O Concello de Mugardos adxudica as axudas ás Asociacións sen fins de lucro

/ Xoves, 14/02/2019 - 15:35
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Oito asociacións culturais, veciñais ou deportivas reciben fondos para sufragar as actividades desenvoltas durante o pasado ano.

O Concello de Mugardos vén de resolver a convocatoria de axudas para entidades culturais e deportivas da vila, co reparto de 7.200 euros entre oito asociacións. Segundo informou a alcaldesa, Pilar Díaz, a institución municipal respalda o traballo do tecido asociativo da vila tanto a través desta liña de subvencións, destinada a sufragar actividades desenvoltas durante o pasado ano 2018 por entidades sen fins de lucro, como cos convenios nominativos que se asinan con diferentes clubes deportivos e asociacións culturais.
 
Segundo a resolución provisional das axudas, que xa está colgada na web, as beneficiarias das axudas son a Asociación de Veciños das Casas Baratas (779 euros), a AVV Montefaro (1.814,08 euros), a Confraría Jesús Nazareno (486,70 euros), a comisión de festas de Mehá (1.061,90 euros), a asociación de pensionistas e xubilados Piñabeta (1194,64 euros), a Plataforma Cruceiro de Mehá (663,68 euros), a Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza (650 euros) e o Club Móvete (550 euros).
 
Remata o prazo para solicitar a exención ou bonificación nas taxas
 
Por outra banda, desde o goberno municipal recordan que mañá venres remata o prazo para solicitar a exención ou bonificación nas taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR 2019. Os veciños e veciñas teñen que facer os trámites no Departamento de Servizos Sociais do Concello.