Martes, 21 Maio de 2019

Actos do Concello de Mugardos polo 8 M

/ Mércores, 27/02/2019 - 11:10
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
O Concello convoca unha concentración e programa diferentes actos culturais para celebrar o Día Internacional da Muller.
 
O Concello de Mugardos está comprometido coa igualdade e, un ano máis, vai aproveitar a conmemoración do Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de Marzo, para poñer en primeiro plano a importancia do traballo feminino e a denuncia da discriminación de xénero. A concelleira de Cultura, Lola González, destacou que o goberno local se suma ás movilizacións do propio 8-M convocando unha concentración diante do Concello  as 12.00 horas baixo o lema “Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista”.

O domingo 10 de marzo presentarase un espectáculo de música e danza no Casino Mugardés ás 19.00 horas.

O martes 12 de marzo inaugúrase a exposición "Eu son Imprescindible" ás 12.00 horas no CEIP Unión Mugardesa.

Finalmente o venres 15 de marzo entregaránse os premios do certame literario "8 de marzo: Figuras Ocultas" ás 19.30 horas no salón de plenos do Concello. 

Tamén neste último día haberá un encontro coa escritora Rosa Montero no Casino Mugardés ás 20.30 horas.

Por outra banda, a primeira tenente de Alcaldía de Mugados, Lola González, participou na III Cume de Alcaldesas de Galicia que se desenvolveu en Cambados xunto coas alcaldesas desa localidade e as de Muros, Moaña, Betanzos e Sarria. Na mesma fíxose unha exposición das dificultades das mulleres no eido político, como denota o feito de que haxa 45 mulleres alcaldesas en 313 concellos galegos. Tamén relatáronse experiencias dos municipios alí representados no eido da igualdade, aplicado de xeito transversal a todas as políticas municipais, e falouse de como, só polo feito de ser mulleres, as críticas na xestión son diferentes e chegan en demasiadas ocasión ao persoal.
 
Salientouse que ás mulleres adoitan reservarlles traballos en políticas vencellados cos servicios sociais e a educación e reivindicouse a súa labor en outros campos coma obras, urbanismo, persoal... O público asistente, formado por alumnos e alumnas de diferentes centros escolares, fixeron despois preguntas ás políticas participantes.
 
1349

1351