Martes, 26 Marzo de 2019

Presentada a Memoria valorada para a rehabilitación do antigo Cine Zárate como Biblioteca Municipal do Concello de Mugardos

/ Xoves, 07/03/2019 - 12:06
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Consulta a Memoria valorada.

O Goberno presentou nunha comisión de Urbanismo do 6 de Marzo a memoria valorada para a rehabilitación do antigo Cine Zárate como Biblioteca Municipal do Concello de Mugardos. 
 
A presente memoria valorada ten por obxecto trazar as principais liñas a seguir para a rehabilitación do antigo Cine Zárate no Concello de Mugardos, así como estudar e analizar a compatibilidade de dito edificio co novo uso de biblioteca que se lle pretende dar.
 
Pódese consultar a Memoria no seguinte arquivo engadido.