Martes, 26 Marzo de 2019

Excursión á casa do Patrón, Museo Etnográfico en Lalín

/ Luns, 11/03/2019 - 17:04
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Inscricións abertas ata o mércores 13 de marzo, prazas libres.

Excursión programada para o venres 15 de marzo, onde se visitará:
 
Casa do Patrón: Museo etnográfico con mais de 4.500 pezas en exposición repartidas en trece estancias  de tres edificios onde descubrir tempos pasados.
 
Sá de arqueoloxía: Onde se atopan depositadas as pezas recuperadas nas excavacións do Castro de Doade.
 
Casa Castrexa: Un espazo totalmente reconstruido, réplica exacta da primeiravivenda aparecida nas excavacións do Castro.
 
Pazo de Liñares: Rematando o día visitaremos un pazo do século XVII, ademáis das estancias do Pazo veremos o Museo da Marioneta instalado nel.
 
Comida: Cocido no restaurante Casa do Patrón, 22 € a pagar no propio restaurante.
 
Inscricións: Pódense facer as inscricións ata o mércores día 13 no departamento de Servizos Socias, prazas limitadas, por orde de inscrición, prioridade persoas maiores de 55 anos empadroadas en Mugardos.