Xoves, 17 Outubro de 2019

Inauguración da exposición "A Nosa Historia"

/ Martes, 12/03/2019 - 16:11
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Realizada esta mañá ás 12:00 horas, enmarcada nos actos do 8-M.

O CEIP Unión Mugardesa inaugurou esta mañá, ás 12.00 horas, unha exposición froito do proxecto educativo “A Nosa Historia”. A mostra, formada por paneis con fotografías aportadas polo alumnado, é unha reflexión arredor da importancia dos coidados e do papel que teñen as mulleres neles.
 
A exposición vai permanecer aberta aos pais e nais do centro os martes, de catro a seis da tarde, aínda que máis adiante o Concello vaina levar por outros puntos do municipio.
 
1380