Xoves, 25 Abril de 2019

Solicitude de Certificacións e Volantes de Empadronamento

/ Xoves, 28/03/2019 - 15:54
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Padrón de habitantes.

Dispoñible para tódolos habitantes de Mugardos a solicitude de Certificacións e Volantes de Empadronamento.
 
Desde a Sede Electrónica do Concello, pódese obter o volante ou certificado de empadronamento individual sen necesidade de achegarse ata o Concello. Fai falta:
  • DNI electrónico.
  • Certificado dixital.
  • Clave PIN.
  • Chave 365...
Pódese descargala solicitude no seguinte arquivo engadido.