Xoves, 20 Xuño de 2019

XVII Certame Relato Curto en galego de Mugardos

/ Xoves, 04/04/2019 - 15:19
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Prazo de presentación desde o 5 ao 29 de abril.

O Concello de Mugardos, a través da Concellaría de Política Lingüística, convoca a décimo séptima edición do Certame de Relato Curto en galego Concello de Mugardos.
 
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade.
 
Os relatos terán unha extensión máxima de 10 folios. Serán realizados obrigatoriamente en lingua galega. O tema será libre. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro tipo de concurso.
 
Estabelécense tres categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
  • Categogía de iguais ou maiores de 18 anos.
  • Categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
  • Categoría de ata 12 anos, inclusive.
As/os participantes poderán presentar ata un máximo de 3 relatos pero só terán opción a un premio. 
 
Consulta as bases do certame e a convocatoria nos seguintes arquivos engadidos.