Domingo, 26 Maio de 2019

Exposto ao público o Censo Electoral para as Eleccións Municipais e o Parlamento Europeo do 26 de maio de 2019

/ Martes, 09/04/2019 - 10:24
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Desde o día 8 ao 15 de abril.

Ponse en coñecemento de tódolos veciños/as que o Censo Electoral deste concello, que rexerá para as eleccións Municipais e o Parlamento Europeo do 26 de maio de 2019 estará exposto ó públio desde o 8 ao 15 de abril de 2019, ambos inclusive.
 
Pódense presentar neste prazo reclamacións sobre os datos censuais nas oficinas do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.
 
Tamén poderase pedir información nos seguintes teléfonos do I.N.E: 
  • 981 217 439 
  • 981 217 426
  • 901 101 900