Martes, 23 Abril de 2019

Unha trintena de rapaces e rapazas participan desde mañá no certame de Mugarmaxia

/ Luns, 15/04/2019 - 13:24
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
Haberá cursiños para os pequenos e espectáculos abertos a todo o público interesado, ás 19.30 horas no Casino Mugardés.
O goberno municipal de Mugardos promoveu por segundo ano consecutivo o festival “Mugarmaxia”, que se vai desenvolver mañá e pasado, martes e mércores, nas instalacións do Casino Mugardés. Segundo informou a concelleira de Cultura, Lola González, hai trinta rapaces e rapazas inscritos nos obradoiros que impartirán o mago Xacobe e o mago Alex Louzao cada un dos días. A edil recordou que xunto cos cursiños de maxia para os pequenos haberá espectáculos abertos ao público a partir das 19.30 horas, como colofón a cada unha das xornadas.
 
Desenvolveranse tres obradoiros cada tarde, para diferentes grupos por idades, de nenos e nenas desde seis ata 18 anos. Os espectáculos, ás 19.30 horas, serán abertos e gratuíto a todo o público interesado.
 
Por outra banda, desde onte está en marcha o “Pequecampus”, unha actividade que se está a desenvolver no pavillón municipal do Cristo e para a que se encheron as plazas dispoñibles. Tamén gozou de grande éxito a convocatoria de cursos de escalada para familias, nos que foi preciso ampliar as prazas. 
 
Imaxe do evento:
 
1453