Mércores, 21 Agosto de 2019

A Oficina de Turismo de Mugardos abre as portas durante toda a Semana Santa

/ Martes, 16/04/2019 - 13:44
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Centro de Caldoval tamén funcionará ao longo de toda a semana, desde hoxe ata o vindeiro domingo.

A concelleira de Cultura de Mugardos, Lola González, informa de que a Oficina de Turismo da vila está aberta durante toda a semana, desde hoxe ata o vindeiro domingo. O servizo funciona de 10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas, no baixo do número 1 da Avenida do Mar, no peirao, e no mesmo ofrécese cumprida información de todos os atractivos do municipio, entre os que está o Centro de Interpretación de Caldoval.
 
A concelleira Lola González recordou que o Centro de Interpretación de Caldoval abre todos os días, tamén ata o vindeiro domingo, no seu horario habitual, de 10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. A entrada é gratuíta e as persoas interesadas poden apuntarse ás visitas guiadas –todos os días ás 11.00, 13.00, 18.00 e 19.00 horas- e nos obradoiros para maiores e pequenos que se desenvolven de xeito regular no museo.
 
Ademais, continúa a actividade “O tesouro do Caldoval", un xogo de pistas pensado para facer en familia en calquera momento. Pódese concertar a visita chamando ao 687 072 116 ou a través do correo electrónico info@museocaldoval.gal