Xoves, 18 Xullo de 2019

Obras de reurbanización das rúas Cano e Pixigo avanzan pola Praza da Fonte dos Catro Canos

/ Luns, 06/05/2019 - 15:15
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello inviste preto de 131.000 euros, con cargo ao POS+2018, nas obras destas dúas rúas no casco urbano.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, informou de que comezaron as obras urbanización na praza situada diante da Fonte dos Catro Canos e na parte posterior do cine Zárate. É unha actuación incluída no proyecto das rúas Cano e Pixigo, no casco urbano de Mugardos, co que se vai conseguir un avance moi significativo no proceso de rexeneración do casco urbano. Hai pouco levouse a cabo tamén a recuperación da Fonte dos Catro Canos, no marco do proxecto de consolidación do Zárate, de maneira que se retirou o cemento e sacouse de novo á vista a pedra orixinal da mesma.
 
A obra de reurbanización nas rúas Pixigo e Cano da Rúa conta cun orzamento de 130.919 euros, que corre a cargo do POS+2019. A empresa adxudicataria, Electricidade Permuy, ocúpase de levantar o pavimento actual para colocar un novo, ao tempo que se instalan novos sistemas de iluminación pública, abastecemento e saneamento, redes de pluviais e outros servizos, que estaban moi degradados ou mesmo eran inexistentes nalgúns puntos destas rúas.
 
Está tamén finalizada a obra de “Humanización da rúa María”, á que o Concello destinou 90.624 euros de fondos municipais, e en breve estará lista a instalación dunha baranda que garanta a seguridade e permita abrir á cidadanía a zona pública situada entre o consistorio e o Zárate, o que suporá na práctica a ampliación da praza do Concello.