Luns, 23 Setembro de 2019

Mugardos Camiña. Ruta pola Capela

/ Mércores, 08/05/2019 - 09:06
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente a través da OMIX.

O programa Mugardos Camiña, que organizan conxuntamente o Concello e a Asociación de Veciños de Montefaro, ten programado para este domingo, 12 de maio, unha saída á Capela.
 
O punto de encontro será o Museo Etnográfico da Capela, ás 10.00 da mañá, e como é habitual as persoas inscritas organizaranse para compartir coche e achegarse xuntas ata alí. Para apuntarse hai que acudir á OMIX, de 09.00 a 14.00 horas, ou ben chamar por teléfono -981 470 338, extensión 1- ou enviar un correo electrónico a deportes@concellodemugardos.gal.
 
A concelleira de Cultura, Lola González, lembrou que é un programa gratuíto que goza de gran popularidade entre veciños e veciñas de Mugardos e mesmo de persoas doutros concellos da contorna, que se ten sumado tamén a moitos dos roteiros, nos que se conxuga a actividade física de intensidade media, ao alcance da maioría, co coñecemento do patrimonio e a convivencia. A edil informou tamén de que o vindeiro 9 de xuño será a saída de remate do curso. Será por terras de Ponteceso e, como é habitual na clausura do programa cada ano, haberá un autobús xa que o destino é máis lonxe do habitual. As personas participantes poderán inscribirse a unha comida de confraternación ao terminar a actividade.
 
1466