Domingo, 26 Maio de 2019

Adxudicada a instalación da baranda que permitirá abrir un novo espazo público no Casco Histórico de Mugardos

/ Mércores, 15/05/2019 - 09:12
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello tramitou a autorización diante da Dirección Xeral de Patrimonio.

A alcaldesa, Pilar Díaz, informa de que xa quedou instalada a baranda que permite ampliar a Praza do Concello co terreo situado entre o consistorio e o vello cine Zárate. Culminou, con esta obra, a primeira fase no obxectivo de abrir un novo espazo público de lecer no casco antigo de Mugardos.
 
A baranda, que fora adxudicada en marzo á empresa Ogando por un orzamento de 4.415 euros, é precisa para garantir a seguridade, perante o desnivel de 1,5 metros existente coas fincas posteriores. Dada a proteción do Zárate, o goberno local tivo que tramitar a autorización para instalar a baranda diante da Dirección Xeral de Patrimonio. A estrutura ten unha altura de 103 centímetros e é de aceiro lacado en branco.
 
A continuación o Concello vai axardinar adecuadamente a franxa de terreo que agora se abre á cidadanía, coa finalidade de que ofreza unhas condicións axeitadas para o seu aproveitamento como espazo de lecer.
 
1468