Xoves, 18 Xullo de 2019

Espazo Infantil de Xogo de Verán de 2019

/ Xoves, 16/05/2019 - 08:57
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O prazo de presentación de solicitudes será do 20 ao 31 de maio de 2019, ámbolos dous inclusive.

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para o Espazo Infantil de Xogo de Verán 2019 que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nos CEIP Santiago Apostolo e CEIP Unión Mugardesa.
 
A actividade conta con servizo de almorzo e xantar e dase a opción de inscribirse por quincenas.
 
As cotas serán as establecidas na Ordenanza fiscal núm. 28 publicada no BOP 101 do 30/05/2018.
 
O prazo de presentación de solicitudes será do 20/05/2019 ao 31/05/2019 ámbolos dous inclusive. No caso de que houbese vacantes poderanse solicitar prazas ata o 09/08/2019.
 
Deberase cubrir unha solicitude (tódolos anexos completamente cubertos e asinados) por cada neno/a solicitante. Pódese descargar a solicitude e os anexos nos seguintes arquivos engadidos.