Mércores, 21 Agosto de 2019

O Concello renova a súa colaboración coa Asociación Cultural Apelón

/ Venres, 17/05/2019 - 12:50
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A alcaldesa, Pilar Díaz, e a presidenta da entidade, Gabriela Sánchez, asinaron o convenio.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, e a presidenta da Asociación Cultural Apelón, Gabriela Sánchez Cortizas, asinaron o convenio de colaboración que renova no presente ano a aportación municipal de 1.500 euros para a financiación de diferentes actividades da entidade, nun acto no que tamén participou a concelleira de Cultura, Lola González, e o tesoureiro da asociación, Juan Fernandez Amenedo. Nomeadamente, o convenio vai dirixido á organización das actividades de celebración dos Maios e do Día de Rosalía de Castro.
 
A alcaldesa, Pilar Díaz, valorou o traballo que desenvolve a asociación Apelón, cuxos integrantes son inquedos promotores de moi diferentes actividades ao longo do ano. Roteiros, conferencias, debates e mesmo a publicación dunha revista de estudos locais están entre as súas propostas.
 
Por outra banda, desde o Concello recordouse a celebración onte da actuación do grupo de música tradicional galega “Encrucillada”, ás 19.30 horas. Por mor da meteoroloxía, a actuación trasladouse ao Casino Mugardés.
 
Hoxe venres 17 e Día das Letras Galegas, está convocada unha xuntanza ás 13.00 horas na Praza do Concello –ou no interior da OMIX se chove-. Alí glosarase a figura de Antón Fraguas, o homenaxeado deste ano, e repartiranse libros e globos. A continuación comezará un percorrido, acompañado de gaitas, ata o peirao. No Cantón de Cora terá lugar unha comida de confraternidade, para a que xa están a prazas cubertas, e pola tarde, a partir das cinco, haberá xogos populares.
 
Tamén hoxe o Concello organiza unha actuación da Rondalla Mugardesa, a Coral Estelas do Mar e a Coral Casino Progreso de Franza. A cita será ás 19.30 horas no Casino Progreso de Franza, que colabora na iniciativa.
 
Para o sábado, día 18, tamén organizou o Concello outro concerto, neste caso no Casino Mugardés. Alí actuará, ás 20.45 horas, o coro de cámara Ludus Tonalis, especializada en música antigua e medieval.
 
1470