Xoves, 20 Xuño de 2019

Antonio Seijas presenta a súa primeira novela este sábado en Mugardos

/ Martes, 21/05/2019 - 14:09
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O acto, que se celebrará este sábado 25 de maio no salón de plenos ás 12.00 horas, rematará coa entrega de premios do Certame de Relato Curto en Galego “Concello de Mugardos”

A concelleira de Cultura, Lola González, informou de que o Concello ten organizado para este sábado a presentación do libro de Antonio Seijas “O soño da serpe”, publicado pola editorial Galaxia, nun acto que rematará coa entrega dos premios do Certame de Relato Curto en galego “Concello de Mugardos”. A cita será ás 12.00 horas no salón de plenos.
 
O xurado do concurso de relato curto, presidido pola concelleira de Cultura e integrado tamén por Fátima García Cendán, a bibliotecaria municipal, e polo historiador de arte, ilustrador, pintor e deseñador Antonio Seijas fallou recentemente os premios do certame, ao que concurriron un total de 17 obras. O premio na categoría ata 12 anos foi para Adriana González Leira, polo relato “O libro dos animais raros”; na categoría de 13 a 17 anos gañou Sandra Rodríguez Macía, por “O tempo presente” e na de maiores de 18 anos, o galardón é para Francisco Javier Fernández Davila, por “O Mendigo”.
 
O acto comezará pola presentación do libro de Antonio Seijas, aresán polifacético que ten traballado moito no eido da fotografía, o deseño gráfico e a pintura, e a banda deseñada. Publicou tres novelas gráficas, e esta, “O soño da serpe”, é a súa primeira novela. A obra está protagonizada por Luz, unha moza moi especial que a piques de comezar un novo curso na universidade coñece unha muller en busca do seu pasado. Ambas as dúas comparten unha aventura chea de misterio, soños, autocoñecemento e historias que se entrecruzan.
 
1472
 
DÍA DOS MERCADOS
 
Por outra banda, a vila de Mugardos súmase un ano máis á campaña “Quere o teu mercado” que a Dirección Xeral de Comercio pon en marcha para potenciar o comercio de proximidade e reivindicar a profesionalidade dos operadores e operadoras que cada día levan aos seus postos produtos frescos e de calidade. O Concello súmase á proposta, que consistirá no desenvolvemento dun showcooking na praza de abastos de San Telmo.
 
O cociñeiro José Antonio García Regueiro, do establecemento local Amaragotas, encargarase de facer unha preparación a partir dos produtos que ese día haxa nos postos.
 
O público poderá ver a demostración do cociñeiro e degustar os platos que prepare, nun evento que estará tamén animado con música e o reparto de agasallos. A cita será de dez a once da mañá, aproximadamente.