Mércores, 19 Xuño de 2019

XIX Concurso de Pintura Piñeiro Pose

/ Venres, 24/05/2019 - 14:40
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O certame de pintura, dirixido a artistas ata os 17 anos de idade, ten aberto ata o vindeiro 17 de xuño o prazo de presentación de obras.

A concelleira de Cultura, Lola González, informou de que está aberto - desde o 27 de maio ata o 17 de xuño- o prazo de presentación de obras para o XIX Concurso de Pintura “Piñeiro Pose”. O certame Piñeiro Pose está dirixido a artistas que teñan un máximo de 17 anos na data de presentación e desde o pasado ano celebra o seu fallo e a exposición de xeito independiente á do premio Bello Piñeiro, unha fórmula coa que o Concello quere darlle maior protagonismo.

Segundo a convocatoria que sae publicada hoxe no BOP, o Departamento de Cultura do Concello de Mugardos admitirá orixinais que poderán vir asinados e que deberán chegar acondicionados para a súa exposición. As obras terán un tamaño máximo de 150x150cm, a técnica é libre e o tema é “A nosa terra”, ben sexa paisaxe, contorna ou tradicións.

Haberá dúas categorías, ata os 12 anos e de 13 a 17 anos, cuxos premios, respectivamente, serán unha tablet e material de pintura por valor de 150 euros.

Ademais se establece unha categoría para o mellor pintor ou pintora local, cuxo premio será un vale por importe de 50 euros. A estes premios sumaranse dúas mencións de honor coa finalidade de estimular a participación. 

A exposición do certame inaugurarase o día 5 de xullo, ás 20.00 horas, no Local Social de Maiores, e no mesmo acto entregaranse os premios. Na web do Concello de Mugardos poden consultarse as bases e descargar a ficha de inscrición que acompañará á obra.

Descarga as bases do concurso nos seguintes arquivos engadidos: