Domingo, 22 Setembro de 2019

Desenrédate! Prevención da adicción nas redes sociais

/ Mércores, 29/05/2019 - 10:02
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
Obradoiro para familias no bo uso das TICs (Tecnoloxías da información e comunicación).
 

O Concello de Fene desde a Área de Benestar Social e Igualdade, e agrupación de concellos de Mugardos e Neda, desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa de Saúde na escola, subvencionado pola Consellería  de Sanidade. Neste programa se desenvolven os obradoiros de  "Desenrédate! Prevención adiccións e bo uso das TIC".

O uso das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) e Internet é, na actualidade, un instrumento clave na vida diaria das persoas, das súas relacións sociais, familiares, laborais, educativas, etc. Teñen revolucionado o estilo de vida das persoas adultas pero, sobre todo, da xuventude. Utilizadas adecuadamente representan unha ferramenta extraordinaria para o desenvolvemento e a comunicación, pero tamén implican riscos que é necesario coñecer e saber previr. 

A través de estes obradoiros, tratase de informar e formar as familias no uso sensato e responsable das redes, sendo un complemento do  programa dirixido ao alumnado de 5º e 6ºque se desenvolveu o mes pasado no  centro educativo.

Os contidos que se traballan son:

  • Adicción ás TIC.
  • Identificamos as ameazas y riscos e aprendemos a previlos.
  • A violencia de xénero a través das TIC.
  • Boas prácticas. Uso saudable de las TIC.
  • Recursos dispoñibles en Internet.

Nesta sesión entregarase unha guía didáctica ás persoas asistentes.

A sesión para familias: "Desenrédate! Prevención nas redes sociais". Desenvólvese na seguinte data:

  • Data: O 29 de maio.
  • Hora: De 16.30 a 18.00 horas.
  • Lugar: Colexio Santiago Apóstolo.
A actividade está aberta a toda a poboación e ten carácter gratuito, pois está subvencionada pola Consellería de Sanidade.
 
Para calquera información dirixirse a:
 
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - ÁREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE.

1474