Luns, 16 Setembro de 2019

En execución as obras de mellora do acceso á Igrexa de San Xoán

/ Luns, 03/06/2019 - 10:34
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A actuación corre a cargo do POS+2018, que financia o 95% do investimento do proxecto.

A alcaldesa en funcións de Mugardos, Pilar Díaz Otero, informou de que comezaron as obras de mellora do acceso á igrexa de San Xoán, unha actuación pertencente ao proxecto de renovación do Camiño de San Vitorio e que está a executar a empresa Electricidad Permuy por un orzamento de 119.550 euros. Esta fase da actuación afecta ao vial que vai, en sentido este-oeste, desde a rotonda da AC-122 ata a citada igrexa e que ten 145 metros de lonxitude e un ancho medio variable dos cinco aos 12 metros.
 
A empresa encargada das obras rematou xa, dentro do mesmo contrato, os traballos de renovación do firme do Camiño de San Vitorio, composto por catro tramos diferenciados que parten do mesmo punto, na parroquia de Franza. Un deles corresponde á praza da capela de San Vitorio, onde a actuación serviu para recuperar un espazo de lecer para a cidadanía. O resto corresponde a viais que suman preto de 300 metros de percorrido e que viron melloradas as súas condicións de seguridade coa aplicación dun novo pavimento de
formigón lavado.
 
Este é un proxecto que corre a cargo ao POS+2018 da Deputación da Coruña, de maneira que a administración provincial aporta en torno ao 95% do investimento. O resto é financiación municipal.