Xoves, 20 Xuño de 2019

Está lista a nova pavimentación da Praza dos Catro Canos

/ Venres, 07/06/2019 - 10:05
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello inviste preto de 131.000 euros, con cargo ao POS+2018, neste proxecto que abrangue dúas rúas no casco antigo.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, informa de que xa están rematadas as obras de renovación do pavimento na praza dos Catro Canos, presidida pola fonte do mesmo nome e que tamén foi recentemente rehabilitada no marco do proxecto de consolidación do cine Zárate. É unha actuación incluída no proyecto de reurbanización das rúas Cano e Pixigo, no casco urbano de Mugardos, co que se vai conseguir un avance moi significativo no proceso de rexeneración do casco antigo. Hai pouco levouse a cabo tamén a recuperación da Fonte dos Catro Canos, no marco do proxecto de consolidación do Zárate, de maneira que se retirou o cemento e se sacou de novo á vista a pedra orixinal da mesma.
 
A obra de reurbanización nas rúas Pixigo e Cano da Rúa conta cun orzamento de 130.919 euros, que corre a cargo do POS+2019. A empresa adxudicataria é Electricidade Permuy e a actuación consiste en levantar o pavimento actual para colocar un novo –traballo que xa está rematado na devandita praza-, ao tempo que se instalan novos sistemas de abastecemento e saneamento e redes de pluviais e se fai a obra civil para posibles acometidas de iluminación e telefonías.
 
1478