Luns, 14 Outubro de 2019

O Concello abre este mércores a Oficina de Información Turística

/ Luns, 10/06/2019 - 14:54
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O servizo estará atendido por dúas técnicas e funcionará ata finais de setembro.

A concelleira de Cultura en funcións, Lola González, informa de que este mércores, día 12, abre a Oficina de Turismo do Concello para a tempada de verán. Como en anos anteriores, o servizo funcionará de martes a domingo en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas e estará atendido por dúas técnicas ata finais de setembro.
 
A Oficina de Turismo de Mugardos está situada no baixo do número 1 da Avenida do Mar. No mesmo haberá cumprida información sobre o programa de festas que este ano comezará o 13 de xullo, coa Festa do Polbo, e se prolongará ata o 21 do mesmo mes, así como dos moitos atractivos do municipio. O Centro de Interpretación de Caldoval está entre eles e, como se informou recentemente, ampliará o seu horario durante o verán.
 
O Concello de Mugardos recibe este ano 11.440 euros de axudas provinciais que cubren boa parte do custo de contratar ás dúas técnicas para a oficina de información turística.