Xoves, 22 Agosto de 2019

O Casino Mugardos acolle este sábado unha nova función do ciclo de teatro

/ Mércores, 12/06/2019 - 14:43
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
O grupo afeccionado da Agrupación Instrutiva de Caamouco representará a peza “Escenas escollidas”.
A concelleira de Cultura en funcións, Lola González, recorda que este sábado terá lugar unha nova función do ciclo Mugardos é teatro en xuño”. O Casino Mugardés acollerá, ás 20.00 horas, a representación da peza “Escenas escollidas” por parte do grupo de teatro afecionado da Agrupación Instrutiva de Caamouco. A entrada será libre e gratuíta.
 
É a terceira representación do ciclo, que terá a súa última función o día 22 e a cargo da compañía naronesa O Aturuxo de Melpómene, constituida por alumnos e alumnas da Escola de Teatro de Narón. O grupo representará “Algo pasa con Paco”.
 
1479