Martes, 17 Setembro de 2019

Actividades deportivas de verán 2019

/ Martes, 18/06/2019 - 12:48
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Información e inscricións na OMIX do Concello de Mugardos a partir do 14 de xuño e ata 3 días antes do inicio de cada actividade.

O Concello de Mugardos presenta o programa de actividades deportivas de verán 2019 para tódalas idades.

A inscrición de cada actividade comenza o 14 de xuño ata 3 días antes da actividade.

Algunhas das actividades son:

  • Saída ao parque de Cerceda o xoves 27 de xuño.
  • Multideporte na praia desde 1 de xullo ao 30 de agosto.
  • Ioga dende o 2 de xullo ao 29 de agosto.
  • Zumba para maiores e menores entre xullo e agosto
  • Pequecampus de fútbo sala dende o 2 ao 6 de setembro.

Para obter máis información sobre as actividades, consulte o documento engadido.