Domingo, 21 Xullo de 2019

Axudas ó ensino e transporte para o curso 2019/2020

/ Mércores, 19/06/2019 - 11:27
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
1ª convocatoria: do 25 de xuño ata o 11 de xullo de 2019. 2ª convocatoria: do 16 ao 27 de setembro de 2019.
A 1ª convocatoria para solicitar as Axudas para o ensino e o transporte do Concello de Mugardos para o curso 2019/2020 abrirá o próximo martes 25 de xuño de 2019 e estará aberto o prazo ata o xoves 11 de xullo de 2019, ámbolos dous inclusive.
 
Haberá que presentar, como documentación obrigatoria para todos os niveis de ensino, os impresos de solicitude debidamente cubertos e asinados, así como o certificado do IRPF do ano 2018 de tódolos membros maiores de idade, certificado/informe do centro de ensino para o curso 2019/2020, informe de convivencia e fotocopias dos DNI e libro de familia.
 
A 2ª convocatoria será en setembro do 16 ao 27, ámbolos dous inclusive.
 
Para máis información consultar as bases que se achegan co presente anuncio ou nos Servizos Sociais Comunitarios.