A concelleira de Cultura, Lola González, informou do fallo do xurado do XXIX Concurso de Pintura “Piñeiro Pose”, convocado polo Concello de Mugardos para artistas desde os 0 aos 17 anos, en dúas categorías, ata 12 anos e de 13 a 17. Por parte do xurado, formado pola mestra Nieves Menaya, o historiador e ilustrador Antonio Seijas, e a propia edil, agradeceuse a participación dos artistas e o alto nivel das súas obras.
Na categoría de 0 a 12 anos, o primeiro premio foi para Soledad González López pola obra “La Aldea”. O segundo premio recaeu en Elena Calvelo Álvarez e a obra “Un paseo de erizos” e o premio para o artista local foi para Laura Patricia Villamar Cartelle, por “Atardeceres veraniegos”. Nesta categoría, o xurado decidiu conceder dúas mencións de honor a Estela Yáñez Loureiro e Lucía Pereira Bellas.
Na categoría de 13 a 17 anos, o primeiro premio foi para Rubén Pazos García, por “Galicia en branco e negro”, e o segundo recaeu en Lara Blanco Otero por “Vecindario”.
Os gañadores dos primeiros premios nas dúas categorías recibirán tablets educativas e os restantes artistas recoñecidos terán vales canxeables por material de pintura.
As obras presentadas ao certame están expostas desde onte no Local Social de Maiores.
Obras Gañadoras:
“La Aldea”:
“Galicia en branco e negro”: