Domingo, 25 Agosto de 2019

III Travesía a Nado Concello de Mugardos

/ Xoves, 18/07/2019 - 11:42
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A proba desenvolverase o vindeiro sábado 3 de agosto.

Celebrase a III Travesía a Nado Concello de Mugardos o vindeiro sábado 3 de agosto a partir das 18.00 horas na Praia da Bestarruza.

Inscricións: Previas a través da páxina web: https://ranckr.com/ ou directamente http://inscripciones.ranckr.com/eventos

O custe é de 3 € e 5 € para a combinada Ares-Mugardos.

Hai ata 20 prazas para participar que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, o mesmo día da proba, na Praia da Bestarruza (Posto de Socorrismo) dende as 16.00 h. até as 17.00 h.

1505