Domingo, 25 Agosto de 2019

Certame de Pintura Rápida 2019

/ Luns, 22/07/2019 - 14:10
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Presentáronse 17 obras, cinco delas de menores de 18 anos e outras 12 de maiores.

O coruñés Francisco Victoria Cánovas resultou gañador do Premio de Pintura Rápida “Concello de Mugardos” na súa segunda edición e na categoría de maiores de 18 anos, mentres que Laura Patricia Villamar Cartelle recolleu o premio na categoría de menores de 18. A concelleira de Cultura, Dolores González Lorenzo, leu onte ás sete da tarde o fallo do xurado nun acto que contou coa presenza da alcaldesa, Pilar Díaz, xunto cos 17 participantes –cinco menores e 12 maiores de 18- e numeroso público.
 
O xurado concedeu tamén dous accésit na categoría de maiores a Manuel Carballeira Rivas e Eduardo Pérez Baamonde e outros dous na de menores, a Eva Sardiña Vázquez e Daniela de Lorenzo Candel.
 
Os artistas Luis Planas, Paula Aneiros Piñeiro e Suso Basterrechea formaron o xurado, que estuvo presidido pola concelleira Lola González. A edil agradeceu a participación e loubou o nivel das obras presentadas.
 
Francisco Victoria Cánovas recibe un premio en metálico de 1.000 euros, mentres que Laura Patricia Villamar recolleu un maletín con material de pintura.
 
1508