Venres, 6 Decembro de 2019

Centro Caldoval. Obradoiros de Escritura Romana

/ Mércores, 31/07/2019 - 13:25
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

As persoas interesadas poden inscribirse de balde na actividade, dunha hora de duración, que se celebrará ás 11.30 e ás 17.30 horas.

O Centro de Interpretación de Caldoval celebrará este sábado, día 3 de agosto, dous obradoiros “Ars Scribendi”, nos que se vai amosar a escritura na antiga Roma de maneira práctica. A concelleira de Cultura, Lola González, explicou que esta nova actividade está dirixida tanto a persoas maiores como a nenos e nenas a partir de seis anos de idade, ou máis pequenos sempre que saiban leer e escribir ou cando menos coñezan as letras.
 
Nos obradoiros escribirase con cálamos sobre papiro auténtico ou sobre “tabulae ceratae”, e ao finalizar as persoas participantes poderán levar o seu traballo para casa como recordo.
 
Cada taller terá unha hora aproximada de duración e realizarase en dúas quendas, pola mañá ás 11:30h e pola tarde ás 17:30h. Trátase dunha actividade de balde, como todas as que se realizan no Centro de Interpretación de Caldoval, pero as prazas son limitadas e por ese motivo é preciso facer reserva previa no correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 072 116.
 
1520