Domingo, 22 Setembro de 2019

Mugardos celebra este sábado a terceira edición da súa Travesía a Nado

/ Mércores, 31/07/2019 - 14:06
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A proba desenvolverase a partir das 18.00 horas, con saída desde a praia da Bestarruza.

A Concellería de Deportes informa de que está aberta a inscrición na terceira edición da Travesía a Nado “Concello de Mugardos”, que se vai desenvolver este sábado, 3 de agosto, a partir das 18.00 horas, con saída desde a praia da Bestarruza. 

As persoas interesadas poden apuntarse a través da web https://ranckr.com ou ben facelo o mesmo día da proba, de 17.00 a 18.00 horas no posto de socorrismo –a organización deixará 20 prazas para o mesmo día-. O prezo de inscrición é de 3 euros, ou de 5 para quen se apuntara conxuntamente ás travesías de Mugardos e Ares.

As categorías A, B, e C, reservadas para deportistas nados no ano 1988 e anteriores, nos anos 1989 e 1999 e de 2000 a 2005, respectivamente, deberán percorrer unha distancia de 1.000 metros. Na categoría D, para os nados en 2006 e anos posteriores a distancia será de 400 metros. E haberá tamén unha categoría popular, de 100 metros, na que poderán inscribirse participantes de todas as idades e empregar material auxiliar como flotadores, etc.

Todas as persoas participantes recibirán un gorro de agasallo. Os gañadores e gañadoras absolutos –masculino e feminino- recibirán un trofeo, ao igual que o nadador ou nadadora máis nova e a mais lonxeva. Entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados en cada categoría, nas categorías masculina e feminina.

A primeira hora de onte había xa 16 inscricións de nadadores e nadadoras de diferentes clubs galegos.

1519