Martes, 15 Outubro de 2019

Xuntanza de Maiores: merenda e música

/ Luns, 05/08/2019 - 09:45
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Esta xuntanza celébrase o 17 de agosto no Cantón de Cora. 

O Concello de Mugardos organiza unha nova Xuntanza de Maiores con merenda e música o vindeiro 17 de agosto ás 18:30 horas no Cantón de Cora.

Inscricións

As persoas maiores de 55 anos empadroadas ou con vivenda no Concello de Mugardos que desexen participar deben inscribirse previamente antes do 14 de agosto. A inscrición pode facerse:

  • Achegándose ao 2º andar do edificio do Concello, na Área de Benestar Social entre as 10:00 e as 14:00 horas.
  • Chamando por teléfono ao 981 470 338 Extensión 2034.

Autobuses

O día da Xuntanza haberá autobuses a partires das 18:00 horas con paradas en:

  • O Seixo, na chaira da Sociedade.
  • San Xoan, no cruce de Caamouco.
  • E Franza, na chaira do Colexio.

1521