Xoves, 22 Agosto de 2019

Festa dos Callos en San Xoán de Piñeiro

/ Mércores, 07/08/2019 - 14:55
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Asociación de Veciños de San Xoán de Piñeiro celebra este sábado a súa XII Festa dos Callos

O Concello de Mugardos colabora coa celebración, este sábado día 10, da duodécima edición da Festa dos Callos da Asociación de Veciños de San Xoán de Piñeiro.

O evento prolongarase durante toda a xornada, baixo unha carpa instalada para a ocasión, e segundo informou a concelleira de Cultura e Turismo, Lola González, xunto coa gastronomía e a música contará cun obradoiro de xogos populares especialmente dirixido ás familias, a partir das cinco da tarde.

Serviranse callos e churrasco a partir das 14.00 horas, e ás 20.00 horas outra vez, desta volta con bola de zucre, viño e auga. Ao mediodía, a festa estará amenizada por unha banda de gaitas e pola noite, despois das 22.00 horas, actuará o grupo musical Carlos Rey. O prezo será de 10 euros.