Xoves, 22 Agosto de 2019

Procesos de selección no portal da Mancomunidade

/ Xoves, 08/08/2019 - 11:40
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Actualmente hai publicados dous procesos selectivos: proceso selectivo dun/ha funcionario/a interino técnico de normalización lingüística e proceso selectivo dun/ha funcionario/a interino técnico de cooperativismo.

No taboleiro de anuncios do portal da Mancomunidade atópanse actualmente publicadas as bases dos seguintes procesos selectivos, cuxa convocatoria anunciarase no BOP nos próximos días:

  • Proceso selectivo dun/unha funcionario/a interino técnico/a de normalización lingüística que prestará o servizo en Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño.
  • Proceso selectivo dun/ha funcionario/a interino técnico de cooperativismo.

 

Podedes consultar esta información clicando aquí.