Xoves, 22 Agosto de 2019

O Concello programa para o vindeiro día 17 a xa tradicional Xuntanza de Maiores

/ Martes, 13/08/2019 - 09:15
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A reunión será baixo carpa, no Cantón de Cora, e terá amenización musical.

O Concello de Mugardos organiza para o vindeiro día 17 a Xuntanza de Maiores, un encontro xa tradicional nos veráns da vila e que brinda unha ocasión para o encontro e a convivencia entre os veciños e veciñas da vila. Están invitadas a participar as persoas maiores de 55 anos empadroadas no municipio ou que teñen vivenda no mesmo. Ata o vindeiro mércores, día 14, está aberta a inscrición, de balde, na Área de Benestar Social do Concello.

A Xuntanza de Maiores desenvolverase baixo unha carpa instalada no Cantón de Cora, onde haberá mesas e cadeiras para todas as persoas participantes. O Concello facilita tamén a asistencia con un autobús, que irá recollendo aos veciños e veciñas pola parroquias do Seixo, San Xoán e Franza a partir das seis da tarde. Ás seis e media está previsto que comece a merenda, que estará amenizada por un conxunto musical.

1522