Domingo, 22 Setembro de 2019

Nova convocatoria de axudas de rehabilitación para a ARRU de Mugardos e O Seixo

/ Martes, 20/08/2019 - 09:35
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Ábrese un prazo de quince días para solicitar os fondos.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, informa de que o Concello abre unha quinta convocatoria para solicitar axudas de rehabilitación, correspondentes á addenda que se asinou en decembro de 2018. A rexedora explicou que se fixo un esforzo para tramitar a apertura de novos plazos que permitan esgotar os fondos que quedaron sen consignar en anteriores anualidades do programa e animou aos veciños e veciñas dos núcleos de Mugardos e O Seixo a pedir estes fondos e acometer melloras na habitabilidade das súas vivendas. Nesta convocatoria en concreto hai máis de 17000 euros por consignar.

A Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) dos núcleos de Mugardos e O Seixo ten asinada xa a súa participación no novo plan de rehabilitación. O programa conta con aportación estatal do Ministerio de Fomento, que cubre o 33,28% do investimento; da Xunta, que aporta o 13,42% e do Concello, que financia o 5,72%.

A Oficina de Rehabilitación do Concello de Mugardos está situada nun baixo da Avenida de Galicia, onde as personas interesadas poden informarse de todos os detalles do programa.