Venres, 22 Novembro de 2019

Cursos CELGA e Linguaxe Administrativa

/ Mércores, 21/08/2019 - 12:17
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicou a convocatoria na resolución do 2 de agosto do DOG.

Os cursos de Linguaxe Administrativa Galega e de preparación para a obtención dos Certificados de Lingua Galega realizaranse en distintos periodos e en varias das Escolas Oficiais de Idiomas existentes en Galicia.

As persoas interesadas poden consultar as bases na seguinte ligazón:

E/ou contactar coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.