Domingo, 22 Setembro de 2019

XXIX Concurso de pintura "Bello Piñeiro"

/ Xoves, 22/08/2019 - 13:15
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O premio, dirixido a artistas con máis de 18 anos, está dotado con 1800 euros.

O Concello de Mugardos convoca o XXIX Concurso de Pintura Bello Piñeiro, que de novo este ano se celebra separadamente do Piñeiro Pose para darlles, a cada un deles, maior protagonismo. A concelleira de Cultura, Lola González, explicou que o prazo de presentación de obras estará aberto do 1 ao 18 de outubro e animou a participar neste senlleiro certame, que leva o nome do gran paisaxista do Seixo e que ten xa moitos pintores de recoñecido prestixio na súa lista de gañadores.

O certame Bello Piñeiro vai dirixido a artistas que teñan como mínimo os 18 anos cumpridos no momento da inscrición. As obras terán un tamaño máximo de 150x150 centímetros, a técnica libre e o tema é “A nosa terra”, a súa paisaxe, contorna e tradición. Cada persoa pode presentar unha única obra orixinal, non premiada con anterioridade en ningún outro certame.

Haberá un único premio de 1.800 euros e dous accésits que recibirán galardón non metálico e un premio ao mellor pintor ou pintora local dotado con 400 euros. As obras presentadas participarán dunha exposición que se inaugurará no Local Social de Maiores de Mugardos o día 31 de outubro, ás 20.00 horas. Nese mesmo acto entregaranse os premios.

Consulta as bases: