Xoves, 17 Outubro de 2019

Nenos e nenas de Mugardos collen a Pelota pola Diversidade en Igualdade

/ Luns, 02/09/2019 - 13:46
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A bola feita na escola unitaria de Ombre chega ao municipio, comprometido cos valores que representa a iniciativa

Os nenos e nenas que participan no Espazo Infantil de Xogo, o programa do Concello de Mugardos para garantir a conciliación da vida familiar e laboral durante o verán, recolleron na mañá do venres a “Pelota da Diversidade”. É, segundo explicou a concelleira de Educación, Lola González, unha pelota feita de trapos que fixeron hai meses os alumnos e alumnas da escola unitaria de Ombre coa intención de concienciar sobre a diversidade en igualdade. Desde marzo pasado, a bola viaxou por diferentes puntos da contorna e mesmo chegou ao Guggenheim de Bilbao ou á cidade de Vigo.

Nun acto celebrado na Praza do Concello, a profesora da escola de Ombre, Isabel García Millán, explicou aos nenos e nenas de Mugardos a xénese desta pelota, que construíron no seu centro no día da conmemoración do 8-M. É unha bola que vai pasando de uns a outros para reivindicar o feminismo e a diversidade en igualdade.

1565