Domingo, 22 Setembro de 2019

Proxección do documental " Huellas en la Arena" e coloquio en torno ao fenómeno da emigración

/ Mércores, 04/09/2019 - 10:15
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Xoves día 5 no Casino Mugardés ás 19:30 horas.

A sala de lecturas do Casino Mugardés acollerá este xoves, ás 19.30 horas, a proxección do documental “Huellas en la arena”, no que se aborda o drama da emigración africana. O documental foi dirixido pola somalí Hayat Trapas e por Xurxo Fernández, e ambos os dous estarán na cita para participar nun posterior debate co público asistente.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural Apelón e conta coa colaboración do Concello de Mugardos.