Luns, 11 Novembro de 2019

PROXECTO EIXO. ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

/ Luns, 09/09/2019 - 10:06
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

PROXECTO EIXO - DEPUTACION PROVINCIAL DA CORUÑA

ITINERARIO COMERCIO E LOXÍSTICA

ACCIÓN FORMATIVA: (COML0110) ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN

A formación teórico - práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria en A Barcala - Cambre e no polígono Inustrial de Ledoño (Culleredo).

A data de inicio está prevista para outubro

A xornada formativa obrigatoria desenvolverase en horario de mañá e conempla as horas de formación propias do:

- certificado de profesionalidade de Actividades Auxiliares de Almacén

- a obtención do carnet C e o CAP

- a formación ttransversal e complementaria  en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías

- sesión grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral

PERSOAS MOZAS BENEFICIARIAS DA FORMACIÖN

- Persoas de 18 a 30 anos

- Persoas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación

- Estar inscritas na Oficina de Emprego correspondente

- estar rexistradas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantia Xove

- Ser titular dun permiso de condución en vigor da clase B

DOCUMENTACIÖN NECESARIA PARA A SOLICITUDE:

- Solicitude completamente cumprimentada e asinada

- Historial formativo e profesional cumprimentado e asinado da persoa candidata

- Fotocopia do DNI

- Fotocopia do permiso de condución clase B

- Tarxeta ou documento  que acredite o número de Afiliación á Seguridade Social

- Certificado / Volante actualizado de empadroamento

- Tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada ( non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego)

- Documento que acredite a inscrición no Rexistro do Sistema Nacional de GArantía Xuvenil

 

Inscricións na Axencia de emprego e desenvolvemento local do Concello de Mugardos