Sábado, 14 Decembro de 2019

Lista definitiva de alumnado admitido e excluído no Comedor Escolar durante o Curso 2019/2020

/ Xoves, 12/09/2019 - 14:21
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A alcaldesa mediante a resolución da alcaldía núm. 951 do 12/09/2019, aprobou a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nos comedores escolares municipais para o curso 2019/2020, tal e como se sinala nas taboas do presente anuncio.

As persoas admitidas recibirán unha notificación coa cota a pagar.

Segundo o Regulamento do comedor escolar municipal do CEIP Unión Mugardesa (BOP Nº 122 do 29.06.2016):

As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva. Unha vez estudadas pola comisión todas as reclamacións presentadas e resoltas procederase á publicación da relación definitiva de admitidos/as e da lista de espera no taboleiro do concello, na páxina web municipal e nos centros educativos públicos de Mugardos. As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde entre os/as solicitantes da lista de espera. As prazas que, sen causa xustificada, non se atopen cubertas aos 15 días de iniciarse o curso escolar, consideraranse como vacantes. No suposto de que se produzan vacantes e se atope esgotada a lista de espera, aceptaranse as solicitudes por orde de rexistro de entrada”.