Martes, 10 Decembro de 2019

Bases XXIX Concurso de pintura "Bello Piñeiro"

/ Luns, 16/09/2019 - 14:15
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Dirixido a persoas que teñan como mínimo 18 anos no momento da inscrición.

Cada participante poderá presentar unha obra que será única e orixinal.

A técnica é libre e o tamaño máximo é de 150 x 150 cm. As obras poderán estar enmarcadas ou non, pero as obras de papel terán que vir protexidas cun cristal ou metacrilato.

A temática deste certame será: A NOSA TERRA, paisaxe, contorna e tradición: pasado, presente e futuro.