Sábado, 19 Outubro de 2019

Concentración mañá, ás 12:00 horas, diante do Concello en repulsa polo triple asasinato machista de Valga

/ Luns, 16/09/2019 - 16:34
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos convocou unha concentración diante do consistorio para mañá, martes, ás 12.00 horas, en sinal de repulsa polo triple asasinato machista de Valga.

Co acordo de todos os grupos municipais, a alcaldesa, Pilar Díaz, acaba de emitir un bando que xa se está a distribuír pola vila, no que invita a toda a cidadanía a sumarse a este acto para expresar o seu enérxico rechazo a este crime e á violencia de xénero.